sábado, 26 de marzo de 2011

Cando choro,
fagoo sempre sobre os mapas,
para que chova sobre as cidades preferidas.
As cidades dos mapas,
aquelas que se poden percorrer
co perfil perdido da mirada,
e viaxar dunha a outra nun segundo,
abarcalas todas,
ou vivr en todas e en ningunha.
Son as cidades dos mapas,
as urbes sobre as que sempre choro
cando estou desconsolado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario